nota:
Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da loita das mulleres, celebrámolo como mellor sabemos, con festa lila e rebelde. 5€ de colaboración para facelo posible.
O próximo sábado 10 de marzo co gallo do dia internacional da muller, as bandas Habelas Hainas e Voodoo ofreceran os seus directos na Sala Rebullón, do Territorio Cultural As Pedriñas, en Mos.
VooDoo é música, VooDoo é maxia. VooDoo é a electricidade que corre entre os dedos. Un coidado proxecto musical do que forman parte: Maritxinha Gómez (Baixo) e Belém Tajes (Teclado e Voz).
VooDoo é unha serpe que se move entre o Acid Jazz e o Soul, entre o R&B e o Rock e crece a través da curiosidade pola música, por escoitar e perseguir infinitamente o tempo e os silencios.
A música de VooDoo, é trascendental, feita con mimo para “grandespequenos” momentos de almas que escoitan e non teñen parada. Unha fusión de estilos. VooDoo é o encontró dos espíritus do son
Habelas Hainas, despois dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, presentan “Livres e Loucas”.
Este é o título do primeiro traballo discográfico deste grupo de música de raíz galega cun son enérxico, fresco e orixinal dende olladas feministas e sociais.