Gustavo Almeida

Decembro 09, 2015

Mércores 9 5 21h 5€

Fuxindo dos tópicos e dos clichés que adoitan levar os artistas brasileiros, une na súa música o Funk, o Reggae, o Rock ou o Pop, arroupados por unhas harmonías e melodías influenciadas polo seu Brasil Natal, facendo da súa música algo con identidade propia.

Neste trío vén acompañado polo venezolano Víctor ‘El Chino’ Rivas na batería e polo cubano Reynier Aldana no baixo e as voces. Un formato intimista e á vez impactante, dada a diversidade de escolas musicais presentes neste formato, a brasileira, a venezolana e a cubana. Todo isto conducido pola proximidade e xenialidade coa que Almeida adoita facer ver nos seus concertos, facendo do público un cuarto membro da banda.

Facebook

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €