Guerrera

Outubro 04, 2014

Tras a expectación espertada co debut “Under The Gipsy Sun” e os seus concertos, chega este segundo álbum, gravado, producido e mesturado nos Estudios Montealto por Fernando Mejuto e a propia banda. A masterización completouna Roger Seibel en SAE Mastering (Phoneix, Arizona). Pinta que traballo cómodo na casa e acabado de prestixio.

“Mauna Loa” está dividido en 2 caras-pezas-desbarres-conceptos duns 18 minutos e medio (“Montaña y Fuego” e “Magma y Trueno”) que invitan a empregar a metáfora dun volcán do que agroman linguas de lava a xeito de capas sonoras de pasaxes guitarreiros, percusións fuxidoiras, efectos de son, voces con reverberación … Guerrera son uns roqueiros aventureiros na mestura de sons (psicodélicos, lixérsicos, progresivos …) cunha proposta pouco doada de escoitar polo público menos iniciado e máis agradecida cando se escoita interpretada no directo. Con este segundo álbum dan un paso adiante con respecto do seu debut sen abandonar ese poso firme dun rock creativo, ora stoner, ora blues e sempre coa psicodelia ben presente.

A proposta musical e a posta en escea dos Guerrera constitúen todo un reclamo para os ouvidos máis desexosos dalgo máis no panorama independente. A edición non podía ser menos e nesta novena referencia do selo Matapadre o deseñador e músico Hugo González asina o traballo artístico para unha edición limitada a 500 unidades nun vinilo a cor de 180 gramos.
Mentres agardan unha cita co seu directo, reserven polo menos media hora para unha visita ao seu bandcamp.

Pepe Cunha, 9-maio-2014

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
aquí temos o videoclip do terceiro adianto de "Roibén", novo disco de Guadi GalegoDirixido por Inés Salvado GontadVersos de Xohana Torres ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Casa Tomada, A Coruña.
5 €