nota:
Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol
Parque Rúa Pedro Carvajal – Caranza (Ferrol)
Xeolocalización: 43.48391, -8.20202
Google Maps:
https://www.google.com/maps/d/edit?hl=gl&authuser=0&mid=ze5shf0iAX0g.kdRG6_ImY9Sk
21:30h.- Puntada sen Fío
Música galega cunha sonoridade especial.
Xiana Lastra (voz)
Juan Collazo (percusión)
Roberto Rama (saxo)
Despois de varios anos participando en varios grupos do panorama musical galego como Odaiko, Fía na Roca, Os d”Abaixo, A miña primeira Rosalía ou O meu primeiro Celso Emilio, nace “Puntada sen fío”, trío musical formado por tres amigos e músicos que apostan por un formato reducido e por unha sonoridade diferente e orixinal para achegarse á música tradicional e de autor do noso país.
En maio de 2015 sae á rúa o primeiro traballo discográfico de Puntada sen fío, levando como título “A lúa prendeu a luz”. Trátase dun disco formado por nove temas de moi diferentes estilos, partindo algúns do tradicional e sendo outros composicións propias, de autores da nosa terra ou traducións de cantigas escritas orixinariamente noutras linguas. Na liña habitual do grupo, destaca a sonoridade orixinada polos instrumentos que utilizan (saxo e vibráfono) e que puxeron en mans de Pedro Lamas, Roberto Somoza e Adrián Saavedra, que se ocuparon dos arranxos. O fío conductor de “A lúa prendeu a luz” é o tempo. Tódalas cantigas falan sobre el: narrando acontecementos clave da nosa historia, aconsellando as mellores fórmulas para afrontar o seu paso e non temer ao futuro, lembrando os amores que marcharon e non voltarán… letras profundas e de calado que non deixan a ninguén indiferente.
http://www.puntadasenfio.gal/
https://www.facebook.com/puntadasenfio?ref=ts&fref=ts
22:30 h.- Guadi Galego
Unha das voces máis celebradas e recoñecidas do panorama musical galego. Guadi Galego leva toda unha vida enriba do escenario, levando o seu talento a diversos proxectos.
Cantante, compositora e gaiteira, foi –até o ano 2008- a vocalista do xa desaparecido grupo Berrogüetto. Tamén formou parte de Nordestin@as, xunto a Abe Rábade e Ugía Pedreira, e con Guillerme Fernández lanzou o disco Espido en 2005. Con Fernández embarcouse, na compaña tamén de Xabier Díaz e Xosé Lois Romero, no grupo aCadaCanto. A nivel individual, Guadi publicou o seu primeiro disco en solitario en 2009. Titulado Benzón, explorou diversos camiños creativos dentro do folk grazas á revisión que realiza de diversas melodías tradicionais que sempre impresionaron a cantante. Naquela primeira aventura en solitario, Guadi contou coa colaboración dun feixe de artistas, dende Uxía até Leilía, pasando por Abe Rábade, Quim Farinha ou Ugia Pedreira.
O espectáculo:
Guadi Galego publicou en novembro de 2014 o seu segundo disco en solitario: Lúas de outubro e agosto (Fol Música). Neste novo traballo discográfico preséntase cun son e unha expresión artística máis madura e, ao tempo, máis atrevida. O álbum recolle fermosas cancións cunha serie de nexos comúns: a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción, a intensidade. Tamén a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e proponer unha música chea de sinceridade que non deixa de sorprender.
O disco inclúe un total de dez cancións, entre as que destacan temas como Mergullei ou Matriarcas.
Guadi Galego: Voz e teclados
Guillerme Fernández: Guitarra
Paco Charlín: Baixo
Isaac Palacín: batería
https://www.facebook.com/pages/Guadi-Galego/110964858969160?fref=ts