Guadi Galego fálanos das “Costuras” do seu novo álbum

Novembro 23, 2020

O pasado venres 20 de novembro, a artista cedeirense Guadi Galego publicou “Costuras”, o novo álbum de cancións tras a revisión catártica de parte do seu repertorio en “Immersion” (Altafonte, 2019). Ese traballo de reinterpretación supuxo a súa consolidación artística total e conta coa singulariedade de recibir o ”Premio a la Promoción de la Realidad Plurilingüe del Estado” por su canto en sete linguas peninsulares.

Antes de comentarmos o disco, propuxémoslle que nos comentase algo sobre cada unha das dez “Costuras” que o tecen. Aquí están esas notas, esas ideas para entendermos máis as cancións ou abrírmolas a máis interpretacións.

“Costuras”

Abrir cun piano emulando o ambiente de Costuras foi importante, é unha declaración de intencións de por onde podía ir o tema. O importante da vida é vivila , porque todo o que nace morre e toda a fartura e a cordura vai marchar polas costuras…

“Canción popular”

O imaxinario da infancia, os sons que conflúen na mesma, as paisaxes … está en “Canción Popular”; a miña casa, os ritmos, as espírito da música do meu pobo está aí.

“Velutinas”

Simbolizar a toxicidade a través das velutinas na Galiza é xa unha marca. Este tema fixémolo hai máis de dous anos.

“O que ha chegar”

Un tema fresco, con pouca produción, un canto á resilencia con frases tópicas do territorio.

“Cólico”

Unha declaración de intencións ante a dor.

“Liberdade ambigua”

Onde comeza e remta a liberdade? ata onde somos libres ou marionetas? temos un contrato coa vida por ter nacido aquí ou noutro lado? A relatividade das palabras e a importancia dos feitos, “dar calor a quen o pida”.

“Zocos”

Puxen os zocos nos 90 que me levaron ata aquí hoxe; a clave do tema culmina co poema de Antía Otero que para min comprende un dos momentos máis emocionantes do disco.

“Creo”

Un decálogo de tópicos que me gusta lembrar, cunha explosión final onde se cumprirían os desexos de calma e liberdade.

“Mesta Néboa”

un dos temas máis épicos do disco, feito en plena pandemia; fala da forza e contención do pobo que admiro por iso pero que aínda ten moito que dicir sobre as consecuencias da mesma.

“Só con amor”

O fantástico poema de Marina Oural que finaliza cun desexo… todo parecía avanzar só con amor, nas voces de crianzas, as voces do futuro, o noso mellor desexo.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook