Guadi Galego + Caxade e a Banda da Bandeira

Xullo 30, 2015

nota:

Guadi Galego publicou en novembro de 2014 o seu segundo disco en solitario: Lúas de outubro e agosto. Neste novo traballo discográfico preséntase cun son e unha expresión artística máis madura e, ao tempo, máis atrevida. Desta volta, Guadi interpreta fermosas cancións cunha serie de nexos comúns: a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción, a intensidade. Tamén a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que non deixa de sorprender.

Despois dun ano e de máis de cincuenta concertos co seu primeiro álbum A Dança das Moscas, chega Caxade a Lugo acompañado da Banda da Bandeira, agrupación de medio centenar de músicos cos que os Xardíns se van encher de Folk-pop con arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

AXENDA

21:00 h.
Xardíns da Diputación, Lugo.
De balde.