nota:
para reservar as entradas de Noia o público deberá facer a solititude no enderezo de mail culturaconcellodenoia@gmail.com. Só se poderán solicitar 2 entradas por persoa.
Haberá dous pases, o primeiro ás 20:30 hrs e o segudo ás 23:00.
Guadi Galego retoma a súa xira IMMERSION con forza. O traballo que recibira o premio á promoción da realidade plurilingüe do Estado Español estará o día 25 de xullo no escenario de Redondela para celebrar o día da patria.
A xira ten outras datas confirmadas tamén no festival 17º de Chantada, por Compostela, Vilagarcía, Negreira e Noia.