Guadi Galego

Marzo 25, 2017

nota:

CONCERTO DE GUADI GALEGO

Un novo paso na traxectoria musical de Guadi Galego, que afonda nun son que comezou co seu anterior traballo e que, coa produción de Pachi García Alis, acada unha dimensión propia, única, chea de matices e coa grandeza dunha artista que vén marcando o devir da nova música galega.

Coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal entre outros “O mundo está parado” está cheo da sensibilidade, intensidade e calidade que Guadi Galego persigue sempre nos seus traballos e que presentará en formato vinilo+cd cunha moi coidada presentación que acompañada da súa música será un aliciente máis para os/as amantes dunha peza única.

A saída do novo disco “O mundo está parado” está prevista para decembro do 2016, e contará cun membro máis na súa formación, Karlos Abal á guitarra acústica, que acompañarán á formación habitual de Guadi Galego formada por Guillerme Fernández (guitarra eléctrica e coros), Paco Charlín (baixo) e Isaac Palacín (batería e coros).

AXENDA

Facebook

52 minutes ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Pazo da Cultura, Narón.
9 €