Grilo + Paulinha

Xaneiro 31, 2020

nota:

Con potentes letras en galego e son contundente, Grilo créase no 2018 na cidade de Compostela. En novembro dese mesmo ano publicaron “Criminal”, o seu primeiro sinxelo, un trallazo de rock duro que deixa ver as influencias nas que se move o grupo. “Rebelión”, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega. Composto por Adrián, á guitarra e á voz; Miguel, á batería; e Alberte, ao baixo e aos coros, actualmente veñen de gravar o seu primeiro LP, “Dálle lume”, que presentarán na Sala Capitol o vindeiro 31 de xaneiro de 2020 (entradas en eventbrite)

Hoxe sacan á rúa o primeiro sinxelo , “Escravo”, un traballo de Seispés Producións Creativas coas colaboracións de Garacopter audiovisuais e Odaiko Krea.
Podedes velo aquí:

AXENDA

Facebook