Grampoder

Setembro 26, 2012

Grampoder son Le Roi e Martin Wu. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. Quizais os coñezas de aventuras anteriores como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra, aínda que o máis probable é que non.
O próximo mércores 26 ás 22.00 horas darán o seu primeiro concerto na casa, en Santiago DC.

22:00 h.
Pub Ultramarinos, Santiago DC.
5 €