Gordo Solar

Decembro 07, 2011

Gordo Solar (Rock/ Metal, Madrid)

Gordo Solar nace aproximadamente fai 3 anos. Pechado no local de ensaio, Santi Erlich comeza a compoñer o que acabará sendo o seu primeiro disco como cantante. Cansado de tocar a batería para outros artistas, decide facer exactamente o que ninguén espera dun batería,… CANTAR. Na mitade do proceso creativo chama a Hector e a Javi Peña. O ser vellos amigos sobran as palabras e xuntos rematan de darlle forma ó proxecto. O disco conta con 13 temas onde se reflexa o espíritu rockeiro da banda, dende os sons máis escuros en “Solo Como Yo”, ata saturar os oídos de core fluorescentes con temas como “Cuantico” e “Bipolar”. Sons de sintetizador “lead” distorsionados, debuxan todas as pegadizas melodías de este trío Madrileño. As guitarras e as líiñas de baixo deixan claras as influencias de grupos como Muse, Depeche Mode, Queens of the Stone Age ou Foo Fighters.

AXENDA

Facebook

16 hours ago

Ábrete de orellas
Gallego Común presenta "1/2 rural" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30h
Pub Aturuxo, Bueu.
5 €