Concerto de Good Luck Charm Band (swing, Nova Orleáns) na Praza de San Martiño Pinario.
Good Luck Charm (“Encanto de boa sorte”) é unha banda que basa seu repertório no antigo e bo jazz dos anos 20, 30, New Orleans e algún toque máis moderno e festeiro! A “Época de Ouro”! A época cando se vivía intensamente, a época da prohibición do alcol, época de soños e moita esperanza, de dúbidas e incertezas, de intensos amores e amizades, Hollywood, Broadway… O “Carpe Diem” era lei!
A banda sonora deste panorama, a que embalaba os soños, a alma e os corpos dos que buscaban a felicidade era nada máis nada menos que grandísimos mestres coma: Benny Goodman, Duke Ellington, Louis Armstrong, Frank Sinatra, Chick Webb, Count Basie, Ella Fitzgerald, só por citar algúns dos máis importantes…
GOOD LUCK CHARM BAND é: Pla Vinseiro (Voz e Guitarra), Paulo Silva (Batería), Gines Guerra (Trombón) e Lolo Martínez (Tuba).