Golpe Radikal + Strikeback

Xaneiro 12, 2019

Entradas: Anticipada 6€ en entradium.com/ 10€ billeteira

nota:

dose de hardcore e thrash metal a cargo de Golpe Radikal e Strikeback. Para os primeiros, a actuación da Sala Moon será o primeiro concerto coa súa nova formación e, ademais, chegan cun novo disco baixo o brazo: “Sombras”.

Golpe Radikal naceu no 2011 en Pobra do Caramiñal e desde entón teñen compartido escenario con bandas como Def con Dos e Soziedad Alkoholika, e participado en festivais como Castelo Rock de Muros e na festa previa ao Resurrection Fest Estrella Galicia, no 2016.

Os coruñeses Strikeback están inmersos na xira presentación do seu último traballo “The Plague”. É o segundo disco da banda, que saíu á luz en xaneiro de 2018 despois dunha campaña de crowdfunding. A formación comezou a súa andaina no 2012 e tras o seu primeiro disco “Share your Hate” (2014) participou en festivais de Portugal e España como Santa María Summer Fest, Noroeste Pop Rock Estrella Galicia ou Resurrection Fest Estrella Galicia. No 2016 gañaron o Resurrection Band Contest, ademais de chegar ás semifinais da Wacken Metal Battle Spain.

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
A actualizar a axenda de concertos con citas como estas.De contactardes abretedeorellas@gmail.com facilitariades o labor. 😁 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Sala Moon, Santiago de Compostela.
6 / 10 €