Gold & Colt

Xullo 12, 2018

nota:

Gold and Colt é un grupo referente da música folk americana feita en Galicia, a súa música é unha mestura entre o delta blues e o country, e que é capaz de facernos viaxar alén do Atlántico. A banda foi creada no ano 2011 polos músicos pontevedreses Dany Moure e Roberto Fernández (Crazy Rober).

A súa discografía está formada por un EP (Gold and Colt / 2014), e un LP gravado en rigoroso directo (Live at Ancestral Studios / 2017). Con máis de 70 concertos ás súas costas nos dous últimos anos, estes renegados do country realizan este ano unha que os levará polas mellores salas, locais e festivais de Galicia, Madrid e Asturias, como preludio á gravación do seu segundo LP.

Facebook

21:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.