Gnaposs

Agosto 12, 2012

Gnaposs (Funk, Rock, Blues, Jazz | Cataluña)

Parte de James Brown, xira á dereita cara a Miles Davis, vai dereito cara a Led Zeppelin e xira á esquerda cara a Stevie Ray Vaughan. Terás chegado a Gnaposs, unha fusión única e brillante de Funk, Rock, Blues e un pouquiño de Jazz.

Gnaposs é un proxecto fundado en Los Ángeles, California, polo guitarrista e compositor David Muñoz “Gnaposs”. Alí, este músico de Barcelona graduouse con honras na prestixiosa escola Musicians Institue e gravou o seu primeiro disco “Party With Yourself” (2002) apadriñado por Scott Henderson.

Agora vive en Barcelona e ademais de editar 4 discos de estudo como Gnaposs colabora habitualmente con bandas tan populares como Els Pets, Shuarma ou The Bon Scott Band. Ademais é profesor de guitarra na reputada Aula de Jazz do Liceo de Barcelona e tamén é director do Combo de Jazz de la Universidad Autónoma de Barcelona.

O seu último disco “Happiness Vol. 1” (RGB Records, 2011) é un compendio de temas do máis ecléctico pero de doada dixestión. Non obstante o lugar para descubrir este artista é enriba dun escenario, pois xa sexa en formato de trío ou de quinteto, un concerto de Gnaposs é toda unha experiencia electrizante marcada pola enerxía e a improvisación. Con máis de 400 concertos ás costas, entre eles o Festival de Guitarra de Barcelona, o Festival de Jazz de Vitoria, o Festival de Blues de Cerdanyola ou o Black Music Festival (xunto a Tower Of Power e Living Colour), podemos asegurar que Gnaposs en directo é sinónimo de técnica, entrega e calidade.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
6 €