Gil do Carmo

Maio 21, 2015

nota:

Gil do Carmo en Concerto pola primera vez en Galicia
A Coruña a 21 de maio e Santiago de Compostela a 23 de Maio

Despois dalgún tempo dedicado a súa familia e empresa, Gil do Carmo regresa aos escenarios e visita a Galiza pola primera vez, nos dias 21 de maio, no Teatro Colón, en A Coruña e no 23 de maio, no Teatro Abanca, en Santiago de Compostela, para presentar o seu novo disco “A Uma Voz”.

Fillo de Carlos do Carmo, o máis recente gañador do Grammy Latino, e neto da consagrada fadista Lucília do Carmo, foi desde moi novo que Gil se dedicou á música, conxugando a tradición de Lisboa e do Fado con abordaxes menos convencionais. Foi despois de regresar dos Estados Unidos, onde estudiou nas prestixiosas escolas Musiciens Institute, en Los Angeles e na Berklee College of Music, en Boston, que Gil do Carmo gravou o seu primeiro disco, “Mil Historias”, e un ano despois lanzou o seu segundo traballo, “Nus Teus Olhos”, que se converteu em Disco de Prata. Non sería ata 8 anos despois que Gil do Carmo gravou o seu terceiro disco “Sisal” em 2008.

Para este cuarto traballo discográfico, Gil do Carmo crea un sentido estético singular e persoal, resultante de anos de maduración, integrando sonoridades lusófonas de Brasil e de África. Este novo disco “A Uma Voz” traduce a espontaneidade e a autenticidade do registro acústico da guitarra portuguesa, do acordeón e da voz, nunha sonoridade única.

O seu primeiro concerto en Galicia terá lugar en A Coruña onde actuará no Teatro Colón, o xoves, 21 de maio, polas 21:00h e enseguida viaxa para Santiago de Compostela onde, no sábado, 23 de maio, polas 21:00h, actuará en concerto no Auditório ABANCA integrando no Ciclo Sons’15.

Discografía:
Mil Historias (1997)
Nus Teus Olhos (1999)
Sisal (2008)
A Uma Voz (2015)

Facebook