Gijón Sound Festival 2015, 17 e 18 de abril de 2015.

Maio 04, 2015

O Gijón Sound Festival anunciaba no seu cartel varios nomes que animaban a viaxar até a cidade asturiana. Mais non era só cuestión de ver concertos de The Jayhawks, Luna, Matthew Herbert … e descubrir algunha outra proposta, senón de vivir un festival cunha programación espallada por diferentes salas e localizacións da cidade. As distancias curtas permitían desprazarse a pé entre elas -coa única excepción de La Laboral- e podía combaterse en certa medida a ineludíbel escolla cando coinciden os horarios.

Os nomes grandes do sábado foron os que non defraudaron nin un chisco. The Jayhawks pecharon a súa xira española impecabeis e entregados ao público (colaboracións de Paco Loco incluídas) na Sala Albéniz. Matthew Herbert confirmara antes nun concertazo o seu espectro musical amplo desde a electrónica. Abraiou pola execución e a presenza (attrezo, luces e vestiario) de nove músicos nas táboas dun teatro dos grandes: o Jovellanos. El columpio asesino están vivindo o seu momento de maior popularidade e, dada a expectación, actuaban o sábado coma peche ou guinda do pastel. A min non me pareceron para tanto.

Seguindo cos nomes salientabeis, na xornada do venres tamén fóra protagonista o rock americano, de corte máis indie/dream pop, e tamén na Albéniz. Con cheo e son impecábel, o regreso dos Luna quedou en correcto. Máis tarde, e na Sala Acapulco, Mi capitán, ese proxecto recente de músicos de distintas bandas barcelonesas, causou moi boa impresión. Tratándose do seu segundo festival e sétimo concerto, a cousa pinta ben para velos este verán de novo nalgún festival, como o PortAmérica.

En canto ás outras localización e nomes, canda o paseo da praia está a Sala Otto -máis precaria en luz, son e disposición- acolleu dous tripletes: o venres con Artistas en Ruta e o sábado con bandas vascas. No noso caso, e como cumpría elixir, tras os impecabeis Doctor Divago e José Domingo non nos coincidiu pasar por alí. Ese venres apetecía cita con Scott Matthew na Sala Acapulco, que quedou grande (non chegabamos a 100) para a proposta intimista dunha voz engaiolante. Os concertos de última hora (a partir da medianoite) na sala Savoy pasaron desapercibidos por coincidiren cos de Mi capitán (o venres) e El columpio asesino (sábado).

Sen dúbida, os recintos son do mellor do festival xixonés. As sala Acapulco e Albéniz son todas unas “boites”, ao vello estilo, con boa visibilidade e capacidade. E que dicir do Teatro Jovellanos? Pois un luxo que “só” albergou o excelente espectáculo de Herbert e o seu previo a cargo duns Huias que gustaron, á altura das circunstancias. Ademais doutros concertos de balde na Colegiata, o cartel procura tamén implicar o festival dentro da cidade con actividades paralelas como a sesión vermú -algo empañada pola chuvia-, as pinchadas por diversos pubs, e pequeñas actuacións nas rúas comerciais o sábado ao mediodía.

Falamos da terceira edición do festival e de seguro segue a mellorar, pero non debe quedar na oferta de nomes atractivos senón incidir na comunicación e coordinación, imprescindible para fundirse de verdade coa cidade. Porén, este é un tema que ten que ver moito coas sensacións de cada persoa e a súa curiosidade e atención. Mais o que si é unha pega para os ouvidos máis abertos é ese eterno elixir e, desta vez, renunciamos a desprazármonos até La Laboral, onde tocaban Habitación Roja e Nick Mulvey. Resultaba inviábel chegar a tempo para gozarmos do Matthew Herbert.

No balance final, o Gijón Sound Festival resulta toda unha cita a ter en conta no calendario festivaleiro. E non mencionei o ben que se come por eses lares …

Pepe Cunha, 4-maio-2015

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook