Ghaveta (sesión vermú)

Xullo 19, 2020

nota:

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate en info@aturuxo.net ou 679 612 655. Reservas ata o sábado 18 ás 19:00.

En 2015 publican o seu primeiro traballo discográfico que levará por nome Disque, sendo o reflexo material dos seus concertos, un traballo directo e sincero, no que a música tradicional xogará un papel protagonista.

Atoparanse temas recollidos en Mondariz, Arbo, Tordoia ou Solveira unidos en ocasións a composicións propias. Posteriormente e en colaboración coas Lagharteiras, daráselle forma a un novo modelo de concerto que se consolidará no Festival Folk La Voz de Galicia na Praza da Quintana.

Ghaveta presenta neste 2020 “​A raíz do Pensamento​” o novo de Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións y bouzouki). Un traballo moi persoal e coidado no que a música tradicional galega continúa a ser a gran protagonista sempre engalanada, con profundas armonías e ritmos. Contén temas tradicionais mantendo a liña de Disque, mais como novidade amplían fronteiras cara Portugal, con dous novos temas Entrudo e Moleirinha. Contarán nesta ocasión con grandes colaboracións…

Bono anticipado para esta actuación e a de ‘As Cantigas de Elena’ (20:00): 10€

AXENDA

Facebook

16 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe comeza unha xira galega de Akafree.Eis as datas na axenda orelludaXoves 15. Santiago: Borriquita de Belém. 21:30h. 12€Venres 16. A Coruña: Filloa. 21:30h e 23h. 12€ cada paseSábado 17. Ferrol: Sala Urania, sesión vermú. 12:30h. Achega voluntariaSábado 17. Pontedeume: El Patio. 21hChefa Alonso : composicións, saxo sopranoMaría Prado: violoncheloJorge Frías: contrabaixoFernando Lamas: batería ...
Ver en Facebook (ábrese nunha nova pestana)
12:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
5 €