Germán López & AntonioToledo

Abril 19, 2017

nota:

A Casa das Crechas acolle este mércores o concerto do timplista canario Germán López xunto ao guitarrista gaditano Antonio Toledo, que presentarán o seu novo disco “Canela y Limón”.

***O timple é un instrumento de corda, parente do cavaquinho, do ukelele ou do charango.

O mozo timplista Germán López lanzou o timple como instrumento solista dándoo a coñecer no mundo. Después do seu paso, con grande éxito, polo WOMEX 2014 celebrado en Santiago de Compostela, volve á cidade para ofrecernos en Casa das Crechas a presentación do seu novo disco que o levou a países como EEUU, Canadá, Portugal, República Checa, Croacia e Alemaña entre outros.

Germán López (Gran Canaria, 1983) comezou a tocar o timple desde moi noviño en certames para novos talentos. En 2006 edita o seu primeiro disco en solitario, Timplissimo. Desde entón, Germán López participou no festival WOMAD, Mercat de la Música Viva de Vic. Logo gravou o seu segundo disco en solitario Silencio Roto, producido por Andreas Prittwitz e coa participación de Víctor Merlo e Antonio Serrano entre outros. E alén do CD/DVD en directo ‘Homenaje a Totoyo Millares’, e ‘La Noche de José Antonio’, homenaxe ao seu mestre José Antonio Ramos, en 2011 grava un disco xunto ao prestixioso guitarrista Yul Ballesteros (Somethin Stupid), no que las melodías do folclore canario se funden con temas pop de Michael Jackson, Eric Clapton, Sting…

Co seu cuarto CD, ‘De Raíz’ comeza a súa expansión internacional, que o levou por varios países europeos. Ten colaborado con artistas e bandas como Pancho Amat, Milladoiro, Troveros de Asieta, Jorge Pardo, Mestisay, Celina Pereira, Sidiki Diabate, Andreas Prittwitz, The Lost Fingers, Nancy Vieira ou Taburiente entre otros.

En 2015 realiza un proxecto conxunto con outros timplistas sobre a relación del timple cos seus “parentes” como o cavaquinho, o ukelele ou o charango. O proxecto leva por título ‘Timples y Otras Pequeñas Guitarras del Mundo’.

Na actualidade, Germán López está centrado na promoción internacional da súa música a través do seu último disco, ‘Canela y Limón’, gravado xunto ao guitarrista gaditano Antonio Toledo, que o levou a países como EEUU, Canadá, Portugal, República Checa, Croacia e Alemaña entre outros. Este ano realizará unha nova xira por EEUU, Canadá e China.

Máis información:

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €