Germán Díaz “método cardiofónico”

Outubro 05, 2012

ciclo “Espazos sonoros”

Latidos de corazón en vinilo, instrumentos mecánicos e zanfona

O Método Cardiofónico do sempre sorprendente Germán Díaz chega ao Liceo de Ourense e o fai cunha estrea absoluta, xa que para esta ocasión, o artista conta coa colaboración de dous excepcionais músicos no escenario: o oboista Benxamin Otero e o clarinetista Pablo Pascual.

O venres 5 de outubro é a quenda do Método Cardiofónico do sempre sorprendente Germán Díaz no Liceo de Ourense ás 20.00 horas, unha estrea absoluta, xa que para esta ocasión, o artista conta coa colaboración de dous excepcionais músicos no escenario: o oboista Benxamin Otero e o clarinetista Pablo Pascual.

Santiago de Compostela 4 de outubro de 2012.- Esta semana Espazos Sonoros presenta unha proposta moi singular de achegarse a música en Ourense: o Método Cardiofónico do polifacético zanfonista Germán Díaz.

Esta proposta, está baseada nos ritmos do latexar do corazón que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta e que editou en vinilo co mesmo nome. Estes latexos serán misturandos coa música dos instrumentos mecánicos que len cartóns perforados nos que están escritas as melodías. Con estes instrumentos, a zanfona e a gravación de bucles en directo, camiñaremos entre a improvisación e a rixidez deses cartóns perforados nun espectáculo único.

Con anterioridade ao concerto, Espazos Sonoros propón ademais unha experiencia única, a realización dun rexistro dun cilindro fonográfico de cera, tal e como se facía a comezos do século XX nos primeiros estudos de gravación, a partir do fonógrafo inventado por Thomas A. Edison, en 1878. A experiencia consistirá nun pequeno exercicio vocal onde o público asistente poderá rexistrar a súa voz empregando este instrumento acústico-
mecánico. Con esta sinxela práctica, poderemos facer idea de por que moitos compositores da época se negaron a escoitar a súa música reproducida nunha máquina destas características, e como evolucionou, dende entón, a técnica e calidade nas gravacións.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Liceo de Ourense
De balde.