Germán Díaz e Benxamín Otero con “Trece Cancións Bonitas”

Maio 30, 2019

nota:

🚧 #Artellando NA NOITE 🚧

🎵 30 de maio ás 23:30h – Praza do Toural 🎵
Benxamín Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, ós seus oídos, bonitas… compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este personal concerto.

Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos coma o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.

AXENDA

23:30 h.
Praza do Toural, Santiago de Compostela.
De balde.