Ganjaman Selectah DJ

Agosto 25, 2012

Ganjaman Selectah é un selector de reggae afincado en Coruña, tamén coñecido durante anos como Balaperdida Selectah.

Balaperdida comeza no ano 2004 seleccionando reggae en pequenos bares e clubs da súa cidade natal, Pontevedra. Nas primeiras festas e sesións comezan cunha mestura de sons que van dende o ska clásico ao punk en plena explosión do radical mestizo. Naqueles anos comeza a picar Drum & Bass e Dub sendo un dos primeiros en reproducir o novo son en Galicia, pronto xurdiría a primeira mixtape. Sempre vinculado á escena rude boy pouco a pouco nas súas festas empezan a aparecer novos sons traídos de man da Kinki Beat, Fermin Muguruza ou Radio Bemba. Durante estes anos vincúlase activamente á comunidade Radiochango o que lle permite entrar en contacto coa escena de Euskadi e que Catalunya, nestes anos segue artistas como Manu Chao e a Fermin Muguruza por medio mundo conectando con esta escena.

En 2006 trasládase a Coruña onde a escena reggae se encontra sempre en ebulición, alí nunha das súas sesións coñece ao selector e DJ alemán Steve Denke co cal fundan Black Milho Sound. Con black milho crea a sound que sempre quixo ter, o seu son envolvido eb Dub, roots e lovers Rock acentuado con notas de DnB non deixa indiferente a ninguén, pronto a sound revoluciona a escena local e crea unhas festas únicas e recordadas. Tristemente por motivos persoais Steve regresa á súa Alemaña natal en 2008 e a sound disólvese, atrás quedan grandes noites de reggae e moitas experiencias. Pronto entra en contacto coa escena local e comezan as sesións con Sauko B, Goodchilla Sound, Rentes Jacob, Orixinal Crew e demais selectores locais.

En 2010 balaperdida decide separar as súas sesións eclécticas do reggae e crea Ganjaman, o nome baixo o cal edita a Ganja Tape, unha mixtape que recolle os temas dos anos anteriores. Ganjaman adquire un sound system de exterior e empeza a apostar polas festas Outdoor, o verdadeiro espírito sound system. En setembro do 2012 sairá a última mixtape: Galifornication, puro dance vestíbulo.

Ganjaman defínese nos seus tres principios fundamentais: Son, vangarda e conciencia. Nas súas sesións sempre encontrases festa, activismo e sentimento. Ganjaman participou coa Kinky Dub Machine, Bad Sound System, Sauko B and ONE, Zamaramandi,Taru reggae rocker, EU-gr Sound, Pulpo Sound, Goodchilla Sound, Orixinal Crew, Inti Che, Dj Curro, Dj Bioteck, Dj Patxu e outros grupos e bandas reggaes e ska.


http://www.facebook.com/ganjamanselectah

18:00 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
De balde.