A Coruña Cidade sen Fronteiras é unha Gala Solidaria enmarcada na Campaña de Médicos sin Fronteras A Coruña sen Fronteiras que pretende invitar a sociedade galega a percorrer unha ruta sen fronteiras para a acción humanitaria.
Todos/as os/as artistas e organizadores colaboran de forma totalmente altruísta nesta gala para contribuír á difusión do traballo realizado por Médicos sin Fronteras e á vez recadar fondos para que a organización poida seguir prestando asistencia sanitaria de calidade ás persoas que máis o necesitan.
Na Gala que terá lugar o venres 28 de setembro ás 21 horas participarán: Javier Gurruchaga, Xoel López, Susana Seivane, DOA, Silvia Penide, Extrema Urgencia e Avelino González (Monologuista). Presentan: Yolanda Castaño e Javier Gurruchaga. Convidado especial: Juan de Dios Martín.
A entrada solidaria é de 8 € e a recadación íntegra do despacho será destinada aos proxectos de Acción humanitaria de Médicos sin Fronteras.
Featured