ciclo Pel de Galiña
nota:
Un soplo de aire fresco no mundo da música clásica. Personalidade, virtuosismo e unhas improvisacións únicas son as señas de identidade polas que a pianista venezolana Gabriela Montero é aclamada en todo o planeta.
Entregada no escenario, cunha imaxinación inesgotable e amante do risco ante as teclas, Gabriela Montero colecciona desde os cinco anos brillantes interpretacións do repertorio clásico de piano e cativa ao público cunha sorprendente habilidade para improvisar, compoñer e interpretar obras novas. Montero adoita dicir que conecta co seu público dunha forma moi única porque a improvisación é unha parte importante do que é. “É a maneira máis espontánea e natural que teño de expresarme” asegura unha artista que xa sexa en recital ou concerto, adoita convidar ao seu público a elixir obras nas que ela improvisa.
Gabriela Montero ofrecerá no Museo Centro Gaiás frescura, imaxinación e improvisacións únicas, despregando a súa maxia ao piano baixo as notas de Solatino, o seu último disco inspirado en Venezuela e dedicado a obras de compositores latinoamericanos.
Con dous premios Echo Klassik e dúas nominacións aos Grammy, Gabriela Montero chega a Santiago de Compostela no mellor momento dunha carreira que a levou a actuar coas orquestras máis importantes a nivel mundial e que mesmo pasa pola composición dun poema para piano e orquestra titulado ExPatria.
Gabriela Montero | piano
Repertorio
Brahms | Intermezzo Op. 117
Lecuona Malaguena
Lecuona La Comparsita
Lecuona Cordoba
Lecuona Gitanerias
Ginastera | Piano Sonata No. 1
Descanso
Improvisacións basadas en temas propostos polo público