Funk’n’Bastards

Abril 27, 2012

Adxuntamos nota de prensa do concerto de FUNK’N’BASTARDS o próximo venres 27 de Abril na Fábrica de Chocolate de Vigo.
A banda de Ponteareas actuará na Fabrica de Chocolate en Vigo, despois dun tempo no estudio, para presentar o seu novo LP “Brainstrom”

Funk’n Bastards son principalmente, unha banda de directo. A definición pode ser enerxía e o obxetivo sempre é contaxiar ó público que a sua vez, alimenta esta enerxía. Pasaron por festivais como o Arteficial (Ourense), Berra Nigrán (Nigrán, Vigo), TreceCatrocre (Ponteareas) ou salas como o Bar Labranza (Bueu), O Buraco do Frade (Tomiño), La Fabriquería (Tui), Sala 99 (Ponteareas), Café Cultural Auriense (Ourense) entre outras. Pasaron polo estudio a comezos de 2010 para gravar a súa primeira maqueta, coa colaboración de Juaquín Fuentes (Dakidarria) nas labores técnicas e mesturado polo propio grupo. 27 minutos cheos de rock que se poden descargar dende mediafire: http:www.mediafire.com/?tkivjiz0tvd xa que a política de Funk’n Bastards é a da libre distribución.
O próximo venres 27 de Abril presentan o seu novo LP “Brainstorm”, na Fábrica de Chocolate de Vigo. De momento pódese escoitar un pequeno adianto no seu facebook https://www.facebook.com/funknbastards e no canal de youtube http://www.youtube.com/user/FunknBastards

www.myspace.com/funknbastards

22:00 h.
La Fábrica de Chocolate, Vigo.
5 €