Funamviolistas

Marzo 23, 2019

nota:

Apertura de portas: 20:30h. Espectáculo: 21:00h.

ContraEscena é o novo espectáculo creado por “The Funamviolistas” .

Mediante unha enxeñosa interpretación instrumental, vocal e xestual, “The Funamviolistas” desgranan en clave cómica e dramática as reviravoltas de tres mulleres artistas en xira ante o reto de conciliar as súas responsabilidades, dúbidas e aspiracións persoais coa inescusable convivencia entre elas.

Unha comedia intelixente para lembrarnos que ao final do camiño quédanos o bo sabor de rir e gozar desta gran función.

AXENDA