French Connection Quartet

Febreiro 27, 2014

nota:
Presentarán o seu primeiro disco “Amours passe-partout”
Este xoves chega ás Crechas o grupo French Connection Quartet que nos trae a súa proposta pensada para bailar: un percorrido ben variopinto pola historia da Variété Française. Jacques Brel, Georges Brassens, Serge Gainsbourg, Joe Dassin ou Johnnie Halliday son algúns dos autores que FCQ reinterpretan, indo desde os 60 aos 90, desde o cabaret ao rock’n’roll. A festa está asegurada.

FCQ é un grupo de magníficos músicos residentes en Galicia, pero orixinarios de Francia, Holanda, Cantabria e mesmo de Pontevedra ;). É un proxecto que botou a andar Phil Copin, atraído por facer revivir unha música que se oe poucas veces xa en vivo. Cun toque de cabaret na interpretación, unha actuación ‘in crescendo’, para desembocar en blues, funk e puro rock&roll.

FCQ son:
– Phil Copin (Guitarra & Voz): É o francés fundador da banda, que formou parte tamén do grupo de música antiga Martin Codax ou do grupo folc Pédeboi.
– Antoinette Hermans (Acordeón): Holandés e tamén forma parte de Pédeboi.
– Xito Outeiro Bateria (batería): Forma parte de Proxecto Trepia, Valiente Nadie e Amerikan Top.
Juan Parra (Contrabaixo & Baixo): Colabora como músico de sesión en varios proxectos musicais.

Máis información e cancións:

AXENDA