Fred Martins & Pedro Pascual

Marzo 19, 2015

nota:

Fred Martins&Pedro Pascual (canción de autor)

A Casa das Crechas acolle un concerto de dous cracks que se xuntan para interpretar cancións propias e populares que teñen relación coa tradición da música ibérica e do Brasil. Fred Martins é un brasileiro que ofrece un repertorio variado e moi relacionado coa tradición musical do seu país, dialogando co samba e a bossa nova, e tamén mesturando elementos do rock e doutros estilos musicais. Esta vez estará acompañado polo multiinstrumentista galego Pedro Pascual (Talabarte, Marful).

Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins vén de ser recoñecido co Premio Visa de Música Brasileira, onde recibiu o premio por unanimidade do xurado e o voto popular, conferido polo público. Tamén rexistrado en disco por Maria Rita (Sem Aviso, Perfeitamente, esta en o recentemente lanzado cd Elo), Ney Matogrosso (Tempo Afora, Novamente) e Zélia Duncan (Hóspede do tempo, Flores).

Publicou catro discos: ‘Janelas’ (2001), ‘Raro e comum’ (2005), ‘Tempo Afora’, Cd e DVD (2008) e ‘Guanabara’ (2009), ademais de ‘Acrobata’ en dúo con Ugia Pedreira.

Participou nos festivais internacionais Lulaworld 2014 (Canadá), Músicas Portuarias, Cantos na Maré (Galicia), Festival de Verão de Vila Real (Portugal), Festival Jawhara (Marrocos), Projeto Pixinguinha e Música na Caixa (Brasil) entre outros eventos.

Pedro Pascual é intérprete, docente, compositor e produtor que domina diversos instrumentos. Está ligado a proxectos como Laio, Marful, Talabarte, Descarga ao Vivo, Ao Pe da Letra. Tocou e gravou con inumerábeis artistas e grupos das músicas tradicionais, da Península e internacionais. Desde o ano 2000 dedícase á docencia e divulgación do acordeón diatónico. Na actualidade realiza concertos ao vivo, produce e arranxa traballos discográficos, grava os seus propios proxectos e compón por encargo diferentes B.S.O. e sintonías para TV, teatro, publicidade e audiovisuais.

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €