Fred Martins

Abril 26, 2013

Fred Martins|Brasil|Organiza: Cultura do País

nota:

Cantante e compositor brasileiro dono dunha ampla formación musical e dunha traxectoria singular en creatividade e ritmos. Ten catro discos publicados en Brasil -Janelas (2001), Raro e comum (2005), Tempo Afora, (CD e DVD, 2008), Guanabara (2009)- e un en Galicia con Ugia Pedreira -Acróbata (2011)-.
Vencedor no 2006 do 9º Prêmio Visa de Música Brasileira, fíxose a maiores co voto popular no mesmo.

Maria Rita, Ney Matogrosso ou Zélia Duncan gravaron temas do fluminense.

Actualmente dedícase a divulga-lo seu traballo en Europa, ademais traballa noutras formacións como os dúos Acróbata (con Ugia Pedreira), A grande casa (con João Afonso) e o último proxecto de María Pagés, Utopía, no que actúa como compositor, cantante e guitarrista.

AXENDA

23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.