ciclo Son Aloumiños
NdP:
Formato dúo: FrancoizBreut (Teclados e voz) / Steph Daybersy (Guitarra)
Apertura de portas: 20:30h. Comenzo: 21:00h. Entrada adiantada: 8 euros. Día do concerto: 10 euros. Venda de entradas na billeteira do Teatro Jofre e www.ataquilla.com Ciclo “Son aloumiños”
Tras unha longa ausencia dos escenarios españois a carismática artista francesa regresa para presentar o seu último traballo “Zoo”.
Non se pode entender a nova escena musical francesa sen Françoiz Breut. Os anos 90 foron unha época de renovación de linguaxes na música do país galo.
Bandas como Diabologum, Katerine e artistas como Dominique A, Yann Tiersen ou a propia Breut irromperon con unha forza inimaxinable e revolucionaron, non só, o seu país, senón outros países europeos. Sen ataduras e con moita frescura souberon canalizar os sentimentos desa xeración.
Breut, regresa a á actualidade tras una parón de tres anos co seu novo disco “Zoo” no que demostra que non perdeu ni un ápice de talento. Ese talento que Dominique A descubreu, afianzou e empurrou para que a francesa empezara unha carreira en solitario. Agora, 20 anos despois do seu debut discográfico, Françoiz Breut segue rezumando clase en cada nota, sete discos serviron para depurar a súa voz, singular, única e convertela nunha peza básica da música francesa de todos os tempos.
“Zoo” está repleto de instrumentacións exuberantes que o converten nun álbum alegre e estimulante que crea atmosferas próximas ao traballo de Breut como ilustradora. Este zoolóxico está habitado por unha euforia contaxiosa onde a música
É un campo de xogos, ás veces imprudente pero inocente. Françoiz Breut alcanzou a plenitude e , aínda que soe a tópico, estamos ante un dos seus mellores discos ata a data de hoxe.
Entradas xa a venda na billeteira do Teatro Jofre e