Francisco Moreira

Xullo 16, 2020

nota:

Concerto do fadista Francisco Moreira na Sala Rebullón cos acompañantes João Martins na guitarra portuguesa e André Teixeira na viola de fado.

Nacido en Vila do Conde, o 27 de Decembro de 1999, Francisco Moreira pertence a unha familia ligada á música e é fadista residente na Casa da Mariquinhas no Porto.

Comezou cedo no fado e non tardou a concorrer ao gran Premio do Fado, na RTP, e a gañar, en 2012.
Hoxe, con 22 anos , é dos fadistas con mais proxección do país veciño. 🇵🇹
Co seu novo disco Todos os Fados Son Meus, ve concretado o propósito que o trouxo aos medios fadistas, con orixinais e versións de fados antigos que de seguro cautivará ao público asistente.

Facebook

21:30 h.
Sala Rebullón, Mos.
8 / 10 €