s prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.
Fon Román. Publica Entretelas o seu segundo traballo en solitario tras Silencio cómodo en un jardín descuidado. Entretelas resulta do coñecemento extenso e a prolongada experiencia como músico, compositor, productor e arranxista do artista. A guitarra de Fon Román determinou o son de Piratas, a súa pegada quedou en discos hoxe por hoxe seminais tanto do indie como do mainstream. A década pasada a banda viguesa editou obras que aínda están espallando a súa influencia nunha nova xeración de grupos. A combinación de experimentación e sinceridade emocional teñen sido o camiño seguido polo pop español dunha maneira máis ou menos consciente. O peso de Fon Román na banda foi medrando coa súa inquietude. Esta inquietude plasmada en moitas das cancións dos dous discos máis importantes de Piratas Relax e Ultrasónica continuarán na súa carreira sen Piratas. Despois chegou Jardín a súa primeira proposta en solitario. Román elixiu un selo independente para iniciar a súa carreira en solitario. O seu primeiro disco busca unha personalidade no musical e no vital. A sinceridade cobrou peso mesmo fronte á experimentación, a primeira premisa ata entón de Román. Desta primeira experiencia Fon logra a resposta afirmativa de vellos fans e a atención dun público alleo a Piratas.