foliada especial coa Banda das Crechas

Maio 16, 2018

Foliada coa BANDA DAS CRECHAS – Mércores 16 22:30 3€

nota:

Mañá mércores a Casa das Crechas celebra unha das súas tradicionais Foliadas, pero neste caso estará dedicada a un proxecto especial e tamén cun prezo especial: 3 euros (as normais custan 1 euro). E todo o recadado será a favor do Proxecto Elea, unha organización independente formada por voluntarios de todo o mundo e financiada por doazóns privadas que leva traballando no campo de refuxiados Eleonas, situado nos arredores de Atenas, durante máis de dous anos.

Este proxecto nace da necesidade de mellorar as condicións e calidade de vida dos milleiros de refuxiados que están retidos en Grecia desde o peche das fronteiras producido en 2016. Elea axuda no día a día dos máis de 2500 residentes de 26 grupos etnicos diferentes (procedentes de Siria, Afganistán, Irán, Iraq, Paquistán, Guinea,…) desenvolvendo un programa de máis de 30 actividades educativas, artísticas, deportivas, culturais, ambientais e de integración social, centradas en dignificar a súa situación ante a pasividade da UE.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Casa das Crechas,Santiago de Compostela.
3 €