Fol de Veneno

Setembro 07, 2017

nota:

A Casa das Crechas abre este xoves a súa programación de “inverno”, no interior do local, cun concerto da banda bergantiñá de música tradicional Fol de Veneno. Ademais, ao longo do mes, haberá outros concertos, como o do cantautor ourensá Emilio Rúa, a Bakin’ Blues Band, ademais das tradicionais foliadas da Banda das Crechas.

Fol de Veneno son un grupo de música tradicional galega formado por 8 compoñentes moi vinculados á música tradicional de Galicia dende a infancia, e procedentes dunha zona con gran arraigo musical como é a comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte (A Coruña).

O grupo naceu no ano 1999 a partir de encontros de animación en tabernas e outras festas, aproveitando as ganas de facer música e fiesta, para logo constituir formalmente o grupo que é hoxe en día. Fol de Veneno ten experiencia en actuacións en escenario, animación de festas na rúa ou pasarúas, festivales folk e encuentros de folclore e animación de festas privadas como bodas ou comunións.

A súa pegada quedou xa en numerosos concellos de Galicia, en especial os que forman a Costa da Morte, animando en concertos e festivais de grande afluencia, e compartiendo cartel con importantes grupos de música folk e tradicional gallega como Susana Seivane, Radio Cos, Samarrúas, Xabier Díaz….

En 2011 gravaron o seu primeiro CD que recibe o nome de “A escote” por estar compartido con grupo de música folk “Media Ducia”.

Fol de Veneno está formado por:

Javier Varela: acordeón e gaita
Víctor Varela: clarinete e gaita
Adrián Fraga: gaita e voz
Josecho Pallas: bombo, darbuka e voz
Sergio Pereira: tambor, tarrañolas e claves
Yolanda Rodríguez: pandeireta e voz
Diana Freijeiro: pandeireta e voz
Paula Conte: pandeireta e voz

Facebook

22:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €