Fluzo

Maio 24, 2013

nota:

FLUZO :: Venres 24 :: 22.30 :: 5€ / 7€ con disco

Presenta o seeu novo traballo “Lastre e Oleada”, edición de luxo en vinilo 7″

Fluzo carburan para o lado contrario do que sopra o vento. A tímbrica, as programacións, as estructuras; todo reafirma que están buscando outra cousa dentro do xénero. Sin pallas co virtuosismo; aquí hai moito corazón, e o experimental non é máis que unha ferramenta. Proba delo é a inusual combinación de instrumentos nos seus temas. A súa obra captura o sabor da electrónica no bailable dos 90, a sensibilidade das bandas sonoras dos videoxogos en cassette, as tripas do delta blues grabado cun só micro ou a ausencia de límites no rap clásico.
Fluzo lévanos a compartir momentos de soedade, sexo deportivo, amores obsesivos e festas onde menear as cachas; as súas líricas andan surcando un pequeno universo, cun imaginario que se repite como no mundo dun autor de cómics. Léxico selecto e fonética acrobática dende a Galicia universal, aquela extensión que formaba o mundo antes de separarse en continentes e da que ainda quedan restos por ahí esparcidos, permitindo atopar un paisano en calquera punto do planeta.
Son capaces de levar o chiptunes, os aparatos máis bastardos do circuit-bending e a colección máis potente de Casios modificados da Europa non-civilizada ben lonxe do seu contexto, ata bailar entre ritmos hipnóticos e programacións que desafían as leis matemáticas. E é que é a hostia

Facebook

6 days ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Pub Ultramarinos, Santiago de Compostela.
5 / 7 €