Flowk “Trobada”

Decembro 21, 2022

“Trobada” quere dicir encontro, referido neste caso ao de tres músicos con cadansúa traxectoria propia en bandas ou na experimentación e docencia dos seus instrumentos: Marc del Pino no acordeón diatónico, Ciscu Cardona na guitarra acústica e Xavi Castanys na mandolina. “Flowk” expresa unha declaración de intencións, pois combina un estilo ben definido como o folk cun xeito de entender a música: o flow, o fluír.

Este debut notable contén dez instrumentais propios para escoitar e bailar, cheos dun son vitalista, enerxético, contundente, que casa co chamado ball folk. Para definir o latexo desta proposta permítome non traducir o que nos comparten desde a discográfica Segell Microscopi: “A través de la guitarra, en Ciscu és el motor de la banda, el ritme, que fa que en Marc, amb el batec de l’acordió, i en Xavi, amb la sonoritat de la mandolina, nedin entre melodies i harmonies en un mar de possibilitats.

Entre a riqueza de sonoridades mediterráneas, celtas, música europea ou tamén inspiración pop rock, salientaría as pezas enriquecidas con máis instrumentos. O “Vals a Lorena”, a mazurca “Queralt” ou a sardana “Caléndula” contan coa gralla de Manu Sabaté, o frautín de Pau Benites ou o contrabaixo de Xavi Carbó, así como o violín de Silvia Murillo na borreia de 2 temps “Embús”. Como apreciarán tamén os ouvidos curiosos, estamos diante un repaso e revisión de diferentes estilos e tipos de músicas con tradición como, ademais dos mencionados, cercle cirquessià, corranda, xampanya, xotis ou gabotte de l’aven.

Pepe Cunha, 21-decembro-22

https://www.flowktrad.com/

 

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook