FLORES ROTAS. “Flores rotas Jim Jarmusch inspiration music”

Abril 18, 2019

nota:

XOVES 18 21:00 5€

FLORES ROTAS. “Flores rotas Jim Jarmusch inspiration music”

Dúo de improvisación, que basa a súa música no imaxinario fílmico do cineasta norteamericano Jim Jarmusch. Non tocan as músicas dos filmes; simplemente, déixanse levar polo que as imaxes, historias, e os propios títulos das películas lles transmiten, dándolle unha nova dimensión á interpretación que fan na linguaxe da improvisación libre, onde case todo é posible para levar á audiencia por unha ruta que vai do branco e negro a cor, do absurdo á poesía. Reserva xa!

Eles son:
Margarida Mariño: violonchelo + electrónica
Pablo “Sax” F. Sinde: saxofóns, percusións + electrónica

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €