concerto dos irlandeses Fling na terraza das Crechas
• FLING (Folc – Irlanda) Martes 10 e 17 de xullo 20h – gratuíto
Fling, unha banda de folc irlandesa -curtida en festivais de todo o mundo- que vén dar unha xira pola Península e fai dúas paradas nas Crechas.
En Compostela o grupo de Galway presentará o seu primeiro álbum, titulado ‘Fling’, gravado co lexendario Kenny Ralph e coa participación de artistas convidados como Steve Wickham dos Waterboys, que lle engadiu a súa virtuosidade ao violín nun par de temas. Poden atopar máis información sobre o grupo aquí: http://flingfolk.com/
Estes concertos ‘singulares’ da programación ‘CdC en aberto’ terán lugar de 20 horas a 21.30 en tres pases de 20 minutos durante o verán.