Fetén Fetén

Maio 30, 2014

nota:

Inspirado nos salóns de baile, nas sesións vermú e nas festas populares, Fetén Fetén presentan un novo traballo baseado nos ritmos de sempre: valses, boleros, pasodobles, jotas, tangos, rumbas, fox trot, chotis, chachachá…
Música para bailar destinada a todo tipo de público.

Ao violín e o acordeón, os polifacéticos Diego Galaz e Jorge Arribas suman ao espectáculo unha chea de instrumentos, algúns verdadeiramente insólitos, como o violín trompeta, o vibrandoneón ou o serrucho.

Convidados: PEDRO PASCUAL e GERMÁN DÍAZ

ENTRADAS: 5€ anticipadas / 8€ na billeteira
Á venda na billeteira do teatro (de martes a sábado de 18h a 21h) e no María Castaña (Rúa da Raíña).

Fetén Fetén presenta “Bailables” Inspirado nos salóns de baile, nas sesións vermú e nas festas populares, Fetén Fetén presentan un novo traballo baseado nos ritmos de sempre: valses, boleros, pasodobles, jotas, tangos, rumbas, fox trot, chotis, chachachá…

Música para bailar destinada a todo tipo de público. Ao violín e o acordeón, os polifacéticos Diego Galaz e Jorge Arribas suman ao espectáculo unha chea de instrumentos, algúns verdadeiramente insólitos, como o violín trompeta, o vibrandoneón, o serrucho, a mandolina e a frauta.

O 30 de Maio no Salón Teatro de Santiago, o dúo estará acompañado por Germán Díaz (zanfona), Pedro Pascual (bouzouki) e Pablo Pascual (clarinete baixo).

www.fetenfeten.net

Diego Galaz é un violinista atípico. O seu son é persoal e único, e o seu xeito de entender o instrumento representa unha nova escola prácticamente
inexistente anteriormente en España. Formou parte da mítica banda de música La Musgaña, coa que tocou por máis de vinte países. É violinista da orquestra de Nacho Mastretta e fundador de bandas como Zoobazar, La Apasionante Música de Cine xunto a Luis Delgado e Cuco Pérez, Bailes Vespertinos ou o dúo Fetén Fetén. Tocou xunto artistas da talla de Kroke, Marta Sebestyen, Alasdair Fraser, Kepa Junkera, Jorge Drexler, Cormac Breatnach ou Pasión Vega.

Comparte a súa faceta de intérprete coa de docente, sendo mestre en dous dos Fiddle Camp que dirixe o prestixioso violinista Alasdair Fraser: Sierra Fiddle Camp en California e Crisol de Cuerda en España, ademáis de impartir cursos e clases maxistrales en diferentes centros de ensinanza musical, como por exemplo a Escuela de Música Creativa de Madrid ou a Aula de Musica Tradicional i Popular de Barcelona.

Compuxo música para bandas sonoras como “Al otro lado de la calle”, de Lino Varela e para espectáculos de danza, e as súas composicións pódense escoitar en museos como o Museo de la Trashumancia ou o Museo de los Castros Celtas, en Soria. É director artístico e creador do Festival de Intérpretes e Instrumentos Insólitos de Burgos, o único deste tipo en España. A súa paixón son os violíns trompeta e tocar o serrucho pola mañá.

Jorge Arribas comenza os seus estudos de acordeón e frauta traveseira aos doce anos en Valladolid, e desde o primeiro momento compaxinou a súa
formación académica coa participación en grupos tradicionais, de música folque e agrupacións de cámara. En Madrid remata o grao superior de acordeón e volve a Valladolid onde compaxina xiras con grupos como Celtas Cortos cós seus proxectos propios, grabacións e colaboracións con músicos de estilos diversos: María Salgado, Javier Paxariño, Manuel Luna o Rao Trío. Será en 2005 cando Jorge pase a formar parte de La Musgaña,
punto de inflexión que lle aportará unha visión diferente da música tradicional, adentrándose nunha aprendizaxe que lle levará a compartir e mostrar a música castellana en Estados Unidos, Canadá, Francia, Argelia, Rusia ou Marrocos.

Froito das viaxes, da continua aprendizaxe, da busca de novas cores e do coñecemento da tradición, xurden dous novos proxectos en formato dúo: Taper Duel xunto César Díez (baixo eléctrico) e Fetén Fetén, orixinado desde a complicidade musical que as xiras de La Musgaña crean con Diego Galaz.

Jorge mantén os seus proxectos mentres continúa aprendendo, colaborando en grabacións de estudio, como músico ou compositor para teatro, proxectos escolares (editorial Anaya), artistas de distintos xéneros (Nacho Mastretta, Ibérica de Danza, Zoobazar, Korrontzi, Celtas Cortos, Zenet…).