Fetén Fetén con Pedro Pascual.

Decembro 04, 2018

nota:

a Casa das Crechas ofrece un concerto moi especial: o dúo Fetén Fetén que vén presentar o seu último disco, “Melodías de Ultramar”. Nel ofrecen unha lectura contemporánea da música tradicional e da música popular de baile, xéneros que os inspiran e que queren homenaxear utilizando a imaxinación e a creatividade como bandeiras. E é que son dous namorados dos instrumentos diferentes, xa que, ademais dos máis convencionais, tocan outros insólitos como o serrucho, o violín trompeta ou a frauta silla de camping.

O resultado é unha música fresca, divertida e moi bailable, onde o mesmo soa un vals que un fox trot, un chotis, unha xota, unha seguidilla, unha ronda, un pasodobre ou unha habanera. Unha viaxe musical que nos transporta da nosa península a outras terras, incorporando ecos balcánicos, trazos manouches, evocacións xaponesas, cantos de gaivota ou o mesmísimo son do mar.

As composicións orixinais deste dúo, un mosaico de tendencias musicais, conseguen facer sorrir ao público con títulos tan suxestivos como a “Jota del Wasabi”, “Habanera de El Espolón”, “He visto un Oso en los Cárpatos”, “Fandangos de Atapuerca” o “Swing a la pepitoria”. Un repertorio que divirte e emociona a nenos e maiores porque é unha música que conta cousas sen palabras que se funde en perfecta harmonía co público, tanto en grandes auditorios como nas prazas dos pobos.

Estas melodías instrumentais para escoitar e bailar en directo percorren as nosas raíces e incorporan matices renovadores que evocan as distintas paisaxes europeas e suramericanos que os artistas coñeceron nas súas xiras internacionais e que xa levaron por toda a xeografía española nos máis de 600 concertos realizados.

Fetén Fetén son:
Diego Galaz (Violín, Violín trompeta, Phonoviolín, Serrucho, Mandolina, Sartén, Gaviotas, Huesera e Vacas)
Jorge Arribas (Acordeón, Flauta silla de camping, Ala de buitre, Castañolas – Basuri, Recogeval e… Cencerro)

AXENDA

Facebook