Fetén Fetén

Decembro 12, 2012

É o novo proxecto musical de Jorge Arribas (Celtas Cortos, María Salgado, Javier Paxariño, Manuel Luna, Rao Trío, La Musgaña, Mastretta, Zoobazar, Korrontzi, Zenet…) y Diego Galaz (La Musgaña, Mastretta, Zoobazar, Kroke, Marta Sebestyen, Alasdair Fraser, Kepa Junkera, Jorge Drexler, Cormac Breatnach, Pasión Vega, etc.). É o director artístico e creador do Festival de Intérpretes e Instrumentos Insólitos de Burgos, o único deste tipo en España. As súas paixóns: o violín trompeta e toca-lo serrucho polas mañás.

As melodías que nos propoñen neste espectáculo son, case na súa totalidade, composicións orixinais de ámbolos músicos e suxírennos unha viaxe a través da música popular, tradicional ou incluso de cabaré. Pero son moi variadas as influencias xenéricas do grupo; valses, fandangos, boleros, tarantelas, sons mediterráneos, ritmos do este de Europa e música do centro de España, sobre todo castelá, serán algúns dos ingredientes fundamentais do seu concerto.

Sorprende a instrumentación elixida para esta actuación. Á parte do violín e o acordeón, instrumentos que identifican a ámbolos músicos, poderemos escoita-lo suave e evocador son do serrucho, a maxia nas melodías do violín trompeta, o doce timbre do vibrandoneón, metalófono, mandolina, etc. Música para sorrir, para bailar e para emocionarse da man destes dous xoves compositores.

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.