festival SinSal Son Estrella Galicia: Oso Leone + Throwing Shades + Jagwa Music + Frikstailers + Xenia Rubinos

Xullo 25, 2014

Os días 25, 26 e 27 de xullo terá lugar na Illa de San Simón o SinSal SonEstrella Galicia.

Festival Sinsal volve un ano máis á Illa de San Simón, unha nova edición que chega con novidades. A primeira o cambio de nome, Estrella Galicia redobla a súa aposta e o evento, na súa cuarta edición, pasa a chamarse Sinsal Son Estrella Galicia. A segunda os días, o festival pasa de dúas a tres xornadas que coincidirán o 25, o 26 e o 27 de xullo.

Outra das novidades será a distribución dos concertos. O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será un segredo ata que o primeiro barco do día 26 chegue á illa, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival.

Throwing Shade

Procedente de Londres, onde exerce de DJ na popular emisora NTS Radio, Throwing Shade compaxina a súa faceta radiofónica especializada en grabacións de campo e sons do mundo, coa súa presencia en proxectos de música tradicional de Bali e Java.

Este 2014, debotou co seu EP 19 Jewels para o prestixioso sello No Pain In Pop –Grimes, Nite Jewel– chamando a atención dalgúns medios especializados como The Guardian que a sitúa entre os novos nomes a seguir.

A música de Throwing Shade foi descrita, con bastante acerto, como si a electrónica orgánica de James Ferraro ou Oneohtrix Point Never abrazara o dowtempo e o R&B.

Friskstailers

Unha parella arxentina que reside en México, é un dos grupos máis destacados desta escea independiente latinoamericana. Este dúo colouse no circuito internacional da música electrónica e o fixo gracias a unha combinación de ritmos nativos da súa Arxentina con correntes como o hip-hop, funk e o electro.

Entre os seus máis notables recoñecementos atópase o ser editados por DFA Records co seu remix para The Crystal Ark, ademáis de colaborar con remixes oficiais para Amadou & Mariam ou Gotan Project.

Jagwa Music

Representan o estilo Mchiriku, un son basado na percusión que naceu hai 20 años nos barrios pobres de Dar es Salaam (Tanzania). Son músicos callexeiros, sen apenas máis medios que un teclado “Casio” e instrumentos de fabricación propia, que lograron unha notable fama nos escasos circuitos culturales tanzanos nos que o seu cantante é toda unha celebridade. As rimas de Jagwa poden lerse nas coloridas decoracións dos dala dala, os autobuses que abarrotan o interminable e ruidoso tráfico de Dar.

Oso Leone

O grupo mallorquín foi a gran revelación do curso pasado co seu emocionante segundo disco Mokragora, un álbum que os levou a encabezar boa parte das listas de mellores discos nacionais.

A excelente crítica, unánime entre a prensa especializada, non pasou desapercibida para algúns dos festivais máis importantes e dende Sinsal SON Estrella Galicia parecíanos o grupo perfecto para as ondas de San Simón. Rock minimalista, folk mariñeiro e moita electrónica paisaxista que rodea e envolve todos os ambientes que o grupo é capaz de inventar.

AXENDA