Festival Sinsal San Simón 2014 (I), a xornada non secreta, venres 25 de xullo

Xullo 28, 2014

O Sinsal de San Simón segue a ser unha cita única, aínda que xa con 4 edicións desapareza o factor sorpresa para quen repetimos. Embarcarse unha vez ao ano rumbo a San Simón para degustarmos un cartel secreto de concertos pouco habituais non perderá o seu encanto. A contorna e o contexto invitan a relaxarse e abrir as orellas con boa predisposición para gozar da oferta programada. Atinadamente, esta é variada -dentro dese carácter de alternativa ao consumo masivo-, con gusto coidado na escolla de propostas e nos detalles da produción, pero nesta edición a satisfacción global tras os concertos presenciados resultoume menor que nas anteriores. Polo menos a que ten ver con descubrimentos ou sorpresas.

A novidade deste ano era unha primeira xornada de venres cun programa anunciado, á metade de prezo e comezando ás 5 da tarde. Coma no ano anterior, o programa das xornadas de sábado e domingo repetiríase practicamente completo (agás unha banda e as músicas escondidas), pero era un segredo, polo menos até o mediodía do sábado coa chegada á illa das primeiras persoas.

Abriu a produtora londinense Throwing Shade cunha sesión entre relaxada e monótona que deseguido levantou unha fantástica Xenia Rubinos, de voz versátil e chea de enerxía, creativa como a música que ofreceu en compaña do seu compañeiro percusionista. Ás 19, o único concerto no escenario de San Antón era para uns Oso Leone que tamén poderiamos xuntar nun par similar ao anterior. A oferta dos mallorquíns, malia o ambiente abondo relaxante e ben acaído, careceu dun mínimo de diversidade ou alteracións. En contraste, os tanzanos Jagwa Music, tampouco un exceso de variedade estilística, si nos contaxiaron de ritmo e ledicia. Sen tempo para comentalo, chegou o peche a cargo do dúo arxentino Frikstailers que, tras unha primeira impresión de “vaia morro teñen estes dous cos Mac, as perrucas e as gafas de baratiño!”, van enganchando ao público a base de xogar coas programacións (ritmos latinos e ráfagas electrónicas), unhas notas básicas nos órganos electrónicos, disparos de wii, a guitarra de xoguete ou chimpando sobre esa alfombra de sons. Un divertido fin de festa que saciou as ganas de baile fácil de gran parte do público. ,

Pagou a pena adiantarse un día coma aperitivo da xornada completa ou para iniciarse na experiencia Sinsal San Simón, Na mente o regreso do día seguinte xa cun aforo completo e devecendo por acertar nalgunha das nosas sospeitas sobre o programa.

Pepe Cunha, 29-xullo-2014

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook