nota.
FESTIVAL SETEMBRO
Miss Caffeina, Nacho Vegas, Klüte, Ferror DJ
MISS CAFFEINA 0:30h. :
Miss Caffeina chega a Ferrol coa súa xira “Detroit” cun rock máis electrónico no que as guitarras son a base da fortaleza da banda, pero onde os sintetizadores reclaman protagonismo para dotar ao grupo dunha atmosfera envolvente, futurista e sofisticada.
Miss Caffeina é una banda especialista en crear himnos xeneracionais, proba diso é o tema “Mira como vuelo”, que descobre que a banda decidiu seguir un camiño que lles leva ao synth pop sen perder a súa esencia e os trazos que lles fixeron unha das bandas máis prometedoras de España. Os seus directos, efervescentes e cheos de entusiasmo, reúnen a un publico cada vez máis numeroso e o seu nome segue ocupando espazo nos carteis dos principais festivales do país.
NACHO VEGAS 22:35h.
Considerado como un dos mellores compositores españois, Nacho Vegas é un dos artistas máis importantes da escena independente española. Logo dunha longa traxectoria en bandas como Eliminator Jr ou Manta Ray, fai unha década embarcouse nun proxecto en solitario. En 2014 publicou “Resituación”, dando inicio a unha etapa de cambio sobre todo nas letras, que proponen temáticas máis políticas e sociales. Esta etapa continuou co seu disco de 2016 “Canciones Populistas”, co que enche salas de todo o país.
KLUTE: 21:20h.
Klute é un trío formado por Juli, Kar e Jai que desde Ferrol desenvolven unha persoal proposta que bebe do punk rock, o indie rock e o powerpop dos 90, á súa vez influenciado pola música britábica e estadounidense dos 60: Ritmos acelerados e sonido potente.
FERROR DJ: Ferror DJ serán os encargados de poñer a banda sonora a Setembro. Antes, durante e despóis dos concertos soarán as mellores cancións baixo a man dos mellores dj´s de Ferrolterra.