nota:
Ferrol acollerá unha nova edición do Festival Setembro. Será o sábado 22 de setembro as 22:00h con entrada de balde. Los Punsetes, Morgan, Ezetaerre e Willie & Winnie serán as protagonistas deste ano no esceario do Parque Raíña Sofía.
O autor do cartel foi o ferrolán Mario Feal.
Los Punsetes van presentar en Ferrol o seu álbum “Viva”, una explosión de pop guitarreiro e eficiente coas súas xa coñecidas letras incisivas e políticamente incorrectas, pensadas para incordiar. Un estilo definido e inconfundible que ofrece un directo divertido e volcánico, con temas feitos para que público salte e cante, auténticos himnos pop cortos e directos. Como eles mesmos.
Morgan: Morgan é hoxe unha banda madrileña que, desde hai un ano e medio, experimenta un ascenso imparable e causa sensación entre o público, a crítica especializada e a industria musical.
Ofrecen un directo marabilloso e nun só ano pasaron de tocar nas primeiras horas dos festivais a facelo nos escenarios grandes como banda consolidada. Presentan “Air”, o seu segundo disco, nunha xira que os está a levar por toda España. Fernando Navarro escribiu este ano en EL País que a voz de Nina, “tal vez sexa a voz máis transcendental da música española no último cuarto de século”.
Ezetaerre é un grupo galego de rap combativo galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). Os tres compartiron estudos de comunicación audiovisual, loitas e experiencias no movemento estudantil. Publicaron o disco “Aspiracións mínimas e urxentes”, os singles “A herdanza do vento” e “Non é verán de Estrella Damm” e o recente EP “100”. Hai tres palabras que os acompañan dende o seu comezo: dignidade, solidariedade e humildade.
Willie & Winnie: Elise Denise (voz) e Andy Bill (guitarra e voz) conforman un dúo influenciado polo jazz, o blues, o folk e o rock, pero que ofrece un son propio, auténtico e puro, persoal. A literatura, o cinema, incluso a pintura, xogan un papel imprescindible nas súas composicións. Willie & Winnie contan con dous traballos gravados baixo o nome Kozmic Blues:
“Premonition” (2015) e “Dream For Winter” (2016), e preparan o seu terceiro disco.
Organiza: Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol