Festival Psicotroita

Xuño 23, 2012

Festival Psicotroita en Sigüeiro: venres 22 e sábado 23 de Xuño. Concertos a partires das 23:00 hh.

Sigüeiro, terra troiteira por excelencia, recrea esta tradición coa primeira edición do festival PSICOTROITA. Preséntase co azo de se asentar coma unha cita de referencia no panorama musical e cultural do país, atendendo a unha liña principalmente garaxeira/roncanroleira, mais sen esquecer outros estilos imprescindibles coma o rap de Malandrómeda.

Desfrutaremos senlleiros grupos coma Los Guajes (Xixón) ou Doctor Gringo, bandas en galego coma Kastomä, Terbutalina e Familia Caamagno, e tamén contaremos coa actuación dos Combos da Escola de Música de Oroso. A festa alongarase até o infinito grazas ás pinchadas de Rafa Morcego e Supahcan Selector.

A noite de San Xoán ( 23 de Xuño) virá precedida por actividades deportivas coma o tiro con arco e encontros de fútbol sala; xa ao serán boa paparota garantida coa sardiñada e churrascada.

AXENDA

23:00 h.
Sigüeiro.
De balde.