festival Primos Hermanos:

Marzo 07, 2015

nota:

Igual que ocorreu o ano pasado, na edición santiaguesa do Primos Hermanos poderemos ver cinco bandas asturianas distribuídas en tres locais da cidade.

A xornada comezará ás 13.00 horas na terraza do Embora, lugar perfecto para escanciar unas botellas de sidra mentres escoitamos o folk-pop luminoso dos xixoneses Noise ‘n’ Confusion, para ao rematar dirixirnos ao Resas, onde desfrutaremos dunha comida asturiana adaptada ao toque vangardista dun dos locais de referencia da restauración compostelá.

Logo dunha sobremesa na que intentaremos aclarar quen son os primos e quen os irmáns, seguiremos o noso percorrido na Casa das Crechas, cos concertos de Lucas 15 e La Villana. Tras estes nomes atópanse Xel Pereda e Natalia Quintanal, personaxes clave para entender a música feita en Asturias nos últimos 20 anos.

E se a tarde llela dedicaremos a artistas consagrados, a noite será a vez de dous dos proxectos con máis futuro da comunidade veciña. O demoledor directo dos novísimos One for Apocalypse e a electrónica escura e sensual de HUIAS porán o peche a esta edición no Cachán Clube.

Abono Primos Hermanos €15
aboamento dá acceso a todos os concertos, tanto en Casa Das Crechas coma en Cachán Clube, sesión sidrina e concerto no Embora

Entrada Casa Das Crechas €9
Esta entrada só dá acceso aos concertos de La Villana e Lucas 15

Entrada Cachán Clube €9
Esta entrada só dá acceso aos concertos de One for Apocalypse e Huias

AXENDA

Facebook

Embora + Casa das Crechas + Cachán Clube, Santiago de Compostela.
9 / 15 €