festival Primos Hermanos: Autotan + Fee Reega

Febreiro 20, 2016

Sábado 20 20h/21h [entradas esgotadas]

FESTIVAL PRIMOS HERMANOS (organiza Desconcierto Cultural)

Autotan (20h)

Esta banda ovetense, próxima ao experimental, aglutina músicos de extintas formacións asturianas. O seu son é heteroxéneo pero identificable, dotado dunha poderosa personalidade. Nas súas composicións pódese atopar country rock anello, de raíces, adornado con magníficos toques de teclado. Ás veces discorren por encrucilladas sonoras entre a épica do western, un soul repousado e guitarras expresivas que bordean o postfolk. Noutras ocasións, a sinuosa estrada de Autotan lévanos a unha música tradicional americana que estala en poderosas guitarras e contundentes redobres de batería.

Fee Reega (21h)

A figura da alemá afincada en Asturias, Fee Reega, transcende a anécdota migratoria. En pouco tempo converteuse nunha das artistas con máis impulso dentro do panorama nacional. A particularidade do seu acesnto (canta, principalmente, en castelán), a súa voz aguda de folkie clásica e unha lírica freudiana permitíronlle fabricar un exquisito universo musical no que corromperse. As súas letras, entre a broma e o perverso, adáptanse a unha música acústica rica en matices que en Santiago presentará en formato trío.

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.