nota:
Pasabodeghas 2018, un día cheo de actividades desde ás 17:00h.
Os grupos da ruta gaiteira partirán dende o campo da festa cara as diferentes adegas da aldea de Ximonde. En cada adega poderás degustar o viño novo, unha deliciosa tapa que nos fan os veciñ@s con todo o seu cariño; e tamén, desfrutar de diferentes actividades: exposicións de diferentes temáticas, xogos tradicionais, artesanía, etc. Á noitiña, farase a subida gaiteira para voltar ao campo da festa e ás 22:30h dar comezo á noite de concertos