festival Pardiñas Rock: Barricada + La Leñera + Tungsteno + Mr. Degrees + Leite de Nai + Maldia + Bastards on Parade + Mongollica

Agosto 03, 2012

FESTIVAL PARDIÑAS ROCK

Festival ROCK que terá lugar en Pardiñas o VENRES 3 DE AGOSTO DE 2012, de 17:45 a 06:00, e que contará con BARRICADA e LA LEÑERA (grupo tributo a Leño) coma cabezas de cartel.

BARRICADA e LA LEÑERA (grupo tributo a Leño) encabezan o cartel do Festival Pardiñas Rock, un festival que nace este ano en Pardiñas, da man do mítico festival folk que leva o mesmo nome (e que ten lugar os dous días seguintes), organizado pola promotora galega CASTREXO PRODUCIÖNS.

Os asistentes poderán disfrutar de 8 bandas, ao longo de case 11 horas de ROCK, polo módico prezo de 10 € anticipada / 12 € taquilla. Haberá zona de acampada gratuita (a mesma que a do Festival de Pardiñas), aparcamento, comida e bebida a prezos populares, sorteos……

Con esta nova iniciativa, amplíase o abano de posibilidades de lecer que os visitantes á vila de Guitiriz na primeira fin de semana de agosto poderán atopar este ano (e agardemos que tamén os vindeiros). De este xeito, todo aquel que se achegue ata a fermosa paraxe natural de Pardiñas o venres 3 de agosto, poderá vivir o PARDIÑAS ROCK, quedar alí para disfrutar o resto da fin de semana do tradicional Festival de Pardiñas (folk) e marchar coa sensación de ter participado dunha oferta cultural completa e, en definitiva, dunha experiencia fetén.

ESTE ANO, A PARDIÑAS VAISE XA O VENRES.

entradas:
GUITIRIZ: pub Xoldra, pub SOA, mesón O Pozo, disco-bar Kuko
LUGO: Garçon del Pis
A CORUÑA: Discos Portobello, cervexería Malte
SANTIAGO D.C.: A Reixa Tenda, bar O Truques (Fino”s)
OURENSE: Café Cultural Auriense
VIGO: pub Búmal

AXENDA

17:45 h
Pardiñas, Guitiriz.
10 / 12 €